martes, febrero 17, 2009

IX Festa da Vincha en Cerdedo


Desde esta páxina convídovos a todos a próxima IX Festa da Vincha que terá lugar o vindeiro 22 de febreiro no Pavillón de Deportes de Cerdedo. Como desde hai nove anos a Festa estará organizada pola Asociación de Mulleres "Espadela", da que xa sabedes que formo parte.

Na festa como sempre se exaltará á Vincha, un postre típico do Entroido que consiste en encher una vexiga de porco afumada con pan, leite, ovos, azucre os segredos das mellores cociñeiras da Comarca de Terra de Montes, e cocela suavemente cerca de dúas horas, dependendo do tamaño. Logo ese molde que a vexiga retírase e xa podedes disfrutar dun dos postres máis exquisitos do Entroido Galego.

Como xa é habitual a Festa comezará arredor das doce da maña, aínda que poderes acercarvos xa a partir das once. Haberá degustación dos doces propios do Entroido, que ademais de Vincha, serán flores, filloas, orellas e outros postres caseiros, feitos có agarimo das mulleres de Cerdedo.

As doce terá lugar o pregón de inicio da Festa que este ano estará a cargo de Calros Solla, cerdedense, profesor, escritor e conferenciante que seguro aportará algunha que outra lenda onde o noso postre a Vincha sexa o protagonista. Unha vez rematado o pregón darase inicio ao tradicional concurso de vinchas, no que un experto xurado intentará atopar a mellor dentro das mellores vinchas do lugar. Unha vez rematado comezará o xantar tradicional no que se poderá encontrará polbo, churrasco e lacón con grelos. Que poderes rematar con calquera dos doces que venderemos as mulleres de Espadela no noso posto. Sabedoras de que este un ano de crises, os prezos non variarán co respecto ao ano anterior: o kilo de vincha a dez euros, o de vincha de forno a oito e o noso tradicional combinado de postres do Entroido a 6 que estará servido sobre un fermoso prato de cerámica de gres de Niño d'Aguia (Ourense).

Ademais do pregón de Calros Solla, os asistentes poderes disfrutar da animada música dos Chichisos. E ademais as cinco teremos a actuación estelar de Xosé Manuel Rodríguez "Isi" que ofrecerá o súa actuación: Contos de taberna.

Tamén durante toda a xornada teremos mostras de oficios tradicionais, venta de artesanía e produtos tradicionais e xogos populares.

Desde a Asociación de mulleres Espadela queremos convidares a todos a que os acheguedes a nosa Festa, os esperamos.

No hay comentarios: